Cervo, A Mariña latexa contigo

 

Goza coñecendo os encantos de Cervo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.

– "En Cervo temos a opción de montaña e a opción de costa, lugares marabillosos con natureza e edificios antigos como as Fábricas de Sargadelos"

– "O mellor de Cervo é a xente, que é moi acolledora e solidaria, cun tecido asociativo moi grande que dinamiza o noso pobo"

– "Sargadelos é o corazón de Cervo, un lugar onde os sons da natureza convértense en sons para soñar"

– "A praia de Rueta é un lugar moi especial, como un recuncho de piratas que todo o mundo debería visitar"

– "O Paseo dos Namorados en Sargadelos e o Camiño Real desde a praza do Souto son rutas únicas que non se poden perder"

– "A Queimada popular de Cervo, con mercado tradicional e música, é unha experiencia única que representa a loita entre o ben e o mal"

"O mellor de Cervo é a Xente"

 

Se ti tamén queres aportar a túa visión de Cervo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO

GRAZAS por formar parte!