Burela, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Burela da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
- "Recomendaríalle vir un día en concreto de setembro ao Festival Osa do Mar. Ten unha programación bastante completa, aparte de Sesión vermú. Ten charlas, ten visitas. Un dos concertos faise no barco Museo Bonitero de Burela, no peirao, moi divertido. Aparte de todo o divertido que é, é moi cultural."
- "A zona do Cantiño, as rutas xeolóxicas, as rutas circulares... pódeste pasear por Burela andando e ves unhas vistas impresionantes."
- "En Burela hai moitas festas, pero, bueno, quizais a máis representativa, de interese turístico nacional, é a Feira do Bonito."
- "O barco-museo Bonitero é un barco de madeira, bonitero, de 25 metros de eslora, que está no noso porto, flotando, convida a coñecer como se pescaba hai 40 anos."
- "Unha persoa da Mariña que coñece Burela, tal vez, nunca fixo unha ruta xeolóxica. Somos un punto de interese a nivel internacional. Convido a buscar onde comeza a rasa cantábrica."
- "Unha festividade que nos define é a Feira do Bonito. O primeiro fin de semana de agosto realzamos e dámolas grazas a ese produto que foi tan importante para nós."
"O mellor de Burela é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Burela, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!