A Pontenova, A Mariña latexa contigo

 

Goza coñecendo os encantos da Pontenova da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.

– "A Pontenova agora mesmo está de moda pola tirolina e pola mina, creo que é a única mina aberta en Galicia ao público e creo que é unha experiencia única"

–  "A tirolina foi unha idea que collemos desde unhas fotos antigas onde había un cable aéreo onde baixaban o mineral nas vagonetas"

– "As festas principais da Pontenova son a Festa da Troita, que é unha homenaxe á troita e agora tamén ao salmón"

–  "A Ruta do Muiñeiro Namorado é unha lenda arredor dela, pero o máis importante é a beleza e o ruído da auga que acompaña durante todo o camiño"

– "O Pozo da Ola é onde está a troita máis grande do mundo e onde moita xente de A Pontenova aprendeu a nadar antes de ter piscina municipal"

– "Eu invitaría a todo o mundo a vir o día 30 de abril e o día 1 de maio para celebrar a Festa da Troita, que é unha festa de interese turístico, catalogada como mellor evento deportivo no ano 2023 en España"

 

 

"O mellor da Pontenova é a Xente"

 

Se ti tamén queres aportar a túa visión da  Pontenova, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO

GRAZAS por formar parte!