Trabada, camiñando ao pasado

Sábado 12 de noviembre a las 10:00h
 

 

Nesta ruta visitamos varios puntos de interese no Concello de Trabada, entre eles o Museo Etnográfico Xosé Rocha, a igrexa de Vilapena e a ruta curta da Fraga de Vilapena.

Coñecemos o pasado de Trabada con esta ruta, unha das mellores formas de coñecer a historia e como era a vida outrora foi visitando o Museo etnográfico Xosé Rocha, onde se atopa toda a colección de Xosé Rocha, que durante máis de 30 anos foi reunindo diferentes aparellos e instrumentos coa intención de entender como era a vida de antes.

Unha vez terminada a visita ao museo, desprazámonos ata a parroquia de Vilapena para visitar a igrexa de Vilapena, xa que no seu interior podemos admirar interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. 

A continuación, adentrámonos nos montes de Vilapena e atravesaremos a Fraga, caracterizada pola súa gran diversidade. Este roteiro conta cun percorrido de 6km e 200m de desnivel, é de dificultade media baixa.