Ribadeo

 
WEB

As rúas do casco histórico de Ribadeo foron declaradas en 2004 Ben de Interese Cultural coa categoría de Conxunto Histórico.

Xuntan unha mestura de estilos arquitectónicos variados segundo a orixe e a funcionalidade das edificacións: casas populares de artesáns e mariñeiros, casas de indianos, casas de banca, vivendas de familias de armadores...Todo conforma un conxunto de grande valor patrimonial e histórico.

O plano medieval de Ribadeo ten o seu eixo central na rúa dos Ares (hoxe eixe das rúas Antonio Otero-Vello Pacho) onde confluían o resto das rúas.Só se contaba con dous accesos á ría: pola mencionada rúa dos Ares cara a Porcillán, e pola rúa Ibáñez cara A Cabanela. A vila estaba amurallada e nestes dous accesos había unha porta. 

Máis adiante desenvolveuse un segundo eixo, paralelo ao anterior, o da rúa Amando Pérez. Aquí construíron as súas casas fidalgos e comerciantes que convivían con mariñeiros e artesáns.

O resultado é un conxunto urbano diversificado que combina pazos urbanos con sinxelas construcións.

Pódese gozar desta contorna cos diversos roteiros propostos: Ruta Ribadeo Intramuros e a  Ruta Ribadeo Antigo.

Son espacios destacables:

  • Plaza de Abaixo
  • El Patín (Biblioteca El Viejo Pancho)
  • Plaza de los Cuatro Caños
  • Capilla de Atalaia
  • Antigua Aduana (s.XVIII)

Son espazos destacables:

  • Praza de Abaixo
  • El Patín (Biblioteca "El Viejo Pancho")
  • Praza dos Catro Canos
  • Capela de Atalaia
  • Antiga Aduana (SXVIII)

Na praza do Campo ou España:

  • Pazo neoclásico de Ibáñez, marqués de Sargadelos (s.XVIII)
  • Torre dos Moreno
  • Convento de Santa Clara
  • Igrexa Parroquial de Santa María do Campo (antigo convento franciscano,s. XIII)  

O porto de Porcillán: a praia máis achegada ao núcleo urbano actual  é a orixe de Ribadeo. A aldea de pescadores converteuse en núcleo comercial. O primitivo peirao foi medrando a partir do século XIX. Ata aquí chegaban as barcas que cruzaban desde Asturias.

Na actualidade en Porcillán coexisten a actividade pesqueira e a economía turística en auxe.

A Cabanela: Un núcleo que, con Porcillán, deu orixe a Ribadeo; outro dos fondeadoiros para as actividades marítimas e un arrabalde por quedar extramuros da vila medieval. 

Xa algo máis alonxados e situados sobre a entrada da ría, elementos salientables que marcaron a antiga historia de Ribadeo, son o Castelo de San Damián (s. XVIII) e o antigo Cargadoiro (s.XX).

Mapa Mariña LucenseVer mapa interactivo