Para coñecer a historia dun pobo…

Ademais dos innegables monumentos naturais, A Mariña Lucense ofrece un amplo abanico de reclamos culturais. Desde antigos asentamentos prerromanos ata pinturas barrocas e fortalezas medievais como a Torre da Homenaxe Pardo de Cela (Alfoz), pasando por antigas construcións industriais e numerosos templos de diverso interese arquitectónico, entre os que destacan a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), a Catedral de Mondoñedo ou o Mosteiro de San Salvador (Lourenzá).

Os centros históricos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro están declarados de interese cultural histórico-artístico. E ademais existen orixinais museos localizados ata en antigos barcos boniteiros, que acollen desde artes de pesca, cerámica, arte sacra… unha parada obrigada para o visitante curioso.

                                                                                         –Video: Patrimonio Cultural

FacebooktwitterFacebooktwitter