Natureza e paisaxe

 

A Mariña Lucense é mar e terra, unha combinación perfecta que forma paisaxes únicos. Costa e interior, unha simbiosis singular que acolle un rico patrimonio natural por descubrir.

Fragas, fervenzas, rías, praias, cantís, ríos, montes, un sinfín de recursos naturais que gardan a esencia deste territorio.

Convidámoste a que percorras algunha das rutas de sendeirismo que transcorren por estes lugares de gran valor natural, descubre a súa fauna e flora autóctonas e pérdete nas numerosas paraxes que esconde o norte.

Espazos naturais diversos, zonas que forman parte de Reservas da Biosfera e lugares para os amantes da ornitoloxía,  coñéceos todos!

Información adicional

En marzo do 2025 A Mariña Lucense foi sede do XXI Encontro de observación da natureza "natureWatch".

As nosas praias son lugares cheos de vida animal e vexetal, ecosistemas en moitos casos protexidos pola súa fraxilidade e algúns especialmente sensibles. É o caso das praias con sistema dunar, hábitat principal do chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus) un ave que en todo o litoral cantábrico español só ten presenza en Galicia, estando protexida mediante un Plan específico de conservación. Para contribuír coa súa conservación e a de todas as especies que habitan estes ecosistemas, convidámosche a coñecer e divulgar o seguinte Decálogo de Boas Prácticas. Grazas!

Mapa Mariña LucenseVer mapa interactivo