O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación

Sábado 5 noviembre a las 10:00h
 

 

Nesta ruta visitamos as terras pertencentes ao antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, desde a igrexa de Santa María, onde se atopa o sartego do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar e por diferentes parroquias da zona.

Esta ruta cultural e natural, tivo o seu inicio no antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, onde se empezou unha conversación sobre os diferentes camiños de peregrinación. Continuamos o noso camiño admirando a paisaxe e os grandes e amplos campos de cultivo da exquisita Faba de Lourenzá ata chegar ao Pazo de Tovar, símbolo do poder dos señores feudais galegos durante a Idade Media.

Tras a súa visita e unha explicación sobre como era a vida outrora, continuamos o noso camiño rodeadas de grandes campos de cultivo, chegamos á parroquia de Santo Tomei e a Igrexa de San Xurxo onde falamos sobre a historia que rodea estes lugares e sobre todo dos diferentes camiños de peregrinación que había e os actuais.