Burela: de asentamento castrexo a vila medieval

Sábado 29 de outubro. 10:30h
 

Unha ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar que nos permitiu viaxar no tempo desde a súa orixe prehistórica ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico.

No percorrido chegamos ata o Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques de Burela. E continuamos ata a Igrexa de Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que na actualidade acolle poboación de diversas nacionalidades vinculada especialmente ao traballo no mar.

A maioría de asistentes eran de zonas próximas a Burela e aínda que conocian certos aspectos, descubriron por primeira vez as pinturas murais e o interior de a igrexa de Vila do Medio, a localización de o castro de Burela, etc. Tamén se  interesaron polas visitas organizadas en Burela de forma habitual.