Bateando Ouro en Alfoz

Sábado 22 de outubro. 10:00h. e ás 12:00h
 

Con Fran Canosa. Ruta realizada.

Ao longo da historia, existen diferentes momentos na Mariña Lucense, nos que se fala de explotación aurífera, protagonizada por habitantes dos castros e os colonizadores romanos. Nesta actividade coñecemos que puntos de Galicia e da Mariña Lucense correspóndese con zonas de explotación mineira xa que a día de hoxe, sabemos da súa existencia e da que quedan importantes restos. 

Para realizar esta actividade utilizamos elementos como o sedimento e as bateas, que axudan á extracción das partículas de ouro, aprendemos a realizar a técnica do bateo que se utiliza desde culturas preromanas e na península ibérica e que, os romanos perfeccionaron.

Tras unha breve explicación da historia aurífera de Galicia e da Mariña Lucense, o xeólogo Fran Canosa, mostrounos como lavar o sedimento e filtralo para que as partículas de ouro que haxa queden na parte inferior dos cubos e así, á hora de batear os últimos restos de sedimento obteñamos as partículas de ouro.