A Mariña. Obradoiros con corazón

 

Mergúllate na artesanía da Mariña e vive unha experiencia única!

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense invítate a participar nun innovador programa deseñado para poñer en valor a rica tradición artesanal da nosa rexión. Tanto turistas como residentes locais poderán gozar de experiencias inmersivas que te conectarán co mellor da nosa cultura.

Na súa primeira edición piloto, que se celebrará en novembro de 2024, este programa conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo. É a oportunidade perfecta para descubrir a artesanía local dun xeito exclusivo!

Cando?
Os obradoiros terán lugar os días 31 de outubro e 2,3,9 e 10 de novembro e están orientados a motivar experiencias auténticas para o turismo que visita A Mariña en outono. Os grupos serán reducidos, con prazas limitadas entre 8 e 10 persoas, o que garante que esta experiencia de balde, sexa personalizada e íntima.

Como participar?
Para asegurar a túa praza, é necesario facer unha reserva previa a través da nosa plataforma en liña. ¡Inscríbete e trae ata 3 acompañantes para compartir esta experiencia única! Se as prazas se esgotan, non te preocupes: poderás unirte á nosa lista de espera para xestionar posibles baixas.

 

Fai ​​clic na imaxe para acceder a RESERVAS e consulta máis abaixo toda a oferta de actividades! 

 

 

Non deixes pasar esta oportunidade de vivir a artesanía da Mariña en primeira persoa!  E se queres coñecer máis sobre o mundo da Artesanía da Mariña accede aquí

Mapa Mariña LucenseVer mapa interactivo

Obradoiros