Próximo Encontro natureWatch A Mariña Lucense
A Mariña Lucense prepara un Encontro de Turismo e Observación da Natureza natureWatch.
Estes encontros son foros especializados en ecoturismo que cada ano se celebran en destinos seleccionados do territorio nacional e A Mariña será o primeiro escenario natureWatch do 2025!
Un evento que poñerá en valor os nosos recursos naturais e o turismo sostible a través de charlas técnicas, saídas ao campo e moito máis.
Datas e lugar de celebración: 28, 29 e 30 de marzo de 2025, Barreiros
Coa súa celebración perséguese divulgar distintas temáticas relacionadas co patrimonio ornitolóxico, natural e xeolóxico da Mariña Lucense co fin de xerar desenvolvemento económico e social ao redor de empresas de turismo activo e ecoturismo, guías de turismo de natureza, aloxamentos, restaurantes e produtores locais, entre outros.
Así, pretende posicionar este territorio entre os profesionais do sector e o público especializado como un destino de turismo de natureza de relevancia a nivel nacional.
Ademais, busca poñer en valor o seu destacado patrimonio natural entre os propios residentes de forma que poidan coñecer as súas singularidades e contribúan á súa conservación a través da aplicación de boas prácticas en conservación do medio natural.
Pronto daremos a coñecer o programa e abriremos inscricións.
Mentres tanto lembra reservar as datas!
Se aposta pola súa celebración en épocas de baixa afluencia turística. Deste xeito sublíñase a importancia estratéxica do turismo de observación da natureza para a desestacionalización turística no destino.
Como todos os encontros natureWatch estará deseñado en formato experiencia sostible e brindará a oportunidade de coñecer o territorio de forma privilexiada e en primeira persoa, da man de quen mellor o coñecen.
En coherencia cos seus principios, natureWatch contribúe de forma activa á conservación da natureza e a loita contra o cambio climático en cada unha das súas edicións. Isto conséguese mediante o apoio económico a un proxecto de conservación local e o desenvolvemento de actividades de educación ambiental.
Ademais, trátase dun evento recoñecido pola Organización Mundial do Turismo como evento colaborador e entre os seus asistentes integra viaxeiros nacionais e internacionais.
Esta acción enmárcase no contexto do Plan de Sustentabilidade Turística en A Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola Mancomunidade de Municipios de A Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, dentro do cal se deseñou o Plan de Acción Operacional de Turismo Deportivo e de Natureza, que inclúe unha folla de roteiro claro de accións vinculadas a estes nichos de mercado.
Web oficial do encontro: