Ruta Indiana en Ourol

 

Coñece con esta ruta unha parte imprescindible da historia da Mariña Lucense, unha mostra do legado que o indianos deixaron en Ourol ao seu retorno de América.

Este roteiro ofréceche un percorrido polo patrimonio indiano máis destacado do municipio de Ourol. Unha proposta con dezasete puntos de visita e que che permitirá coñecer, a través da arquitectura, unha parte imprescindible da historia da Mariña Lucense: a emigración a América e o relevante legado cultural que os emigrados deixaron neste territorio.

A Ruta indiana en Ourol foi posta en marcha polo Concello de Ourol co apoio da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e a propia Mancomunidade - que á súa vez conta coa colaboración da Deputación de Lugo -. 

Referencias aos estilos arquitectónicos:

 Eclecticismo: fai referencia á mestura de estilos nas casas indianas. Nestas vivendas superpóñense estilos propios do art decó; tellados de pizarra con mansardas e miradoiros, elementos do cottage inglés ou do chalé suízo, nun eclecticismo cheo de referencias á arquitectura culta europea.

 Autóctono: refírese a un estilo propio da vivenda galega. É unha arquitectura anónima, simple, sen grandes pretensións nin ambicións estilísticas, cunha configuración volumétrica sinxela: un bloque unitario de unha ou dúas plantas, con poucos vanos na fachada e cuberta a dúas ou catro augas. Sobre este esquema elemental e sinxelo, a incorporación de elementos e estilos diferentes leva a unha arquitectura ecléctica.

Consulta o folleto sobre a Ruta Indiana en Ourol

Os textos foron elaborados en base ás seguintes fontes:

  • Bores Gamundi, F. (Cood.). (2000). “Casas de indianos”. Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidade Galegas. Xunta de Galicia.
  • Prieto Prieto, V. (2011). “Ourol. A nosa historia”. Concello de Ourol.
  • Prieto Prieto, V. (2015). “Ourol. Anacos da nosa historia”. Concello de Ourol
Ver lista

Localiza e segue esta ruta