Praias e costa

 

Asomándonos ao mar da Mariña Lucense, atoparémonos cun medio físico recortado e sinuoso que se estende dende O Vicedo ata a ría de Ribadeo cunha lonxitude aproximada de 114 Km.

Este territorio Cantábrico mostra aos nosos ollos espectaculares paisaxes para a contemplación: praias inmensas coa etiqueta de salvaxes e pouco transitadas  e tamén praias de area fina e acolledoras que cumpren cos criterios de calidade e servizos coa Bandeira Azul. Unha oferta de 70 areais aproximadamente con multitude de posibilidades e características para poder facer unha elección adaptada todas as necesidades.

O resto do espazo costeiro confórmase con cantís, dunas, rochedos, lagoas, marismas, productivas rías, espazos naturais protexidos, cidades e vilas con un valioso patrimonio cultural e histórico que nos ofrecen un mundo de sensacións extraordinarias.

As nosas praias son lugares cheos de vida animal e vexetal, ecosistemas en moitos casos protexidos pola súa fraxilidade e algúns especialmente sensibles. É o caso das praias con sistema dunar, hábitat princial da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) un ave que en todo o litoral cantábrico español só ten presenza en Galicia, estando estritamente protexida mediante un Plan específico de conservación. Para contribuír coa súa conservación e a de todas as especies que habitan estes ecosistemas, convidámosche a coñecer e divulgar o seguinte Decálogo de Boas Prácticas.

Grazas!

 

 

Ver lista