Museos e Centros de Interpretación

 

No variado territorio da Mariña Lucense, a oferta de centros de visitantes e museos tamén é moi diversa. A beiramar e as rías, as serras, as ribeiras dos ríos... ofreceron aos humanos ao longo da historia ricos recursos para os que ideamos moitos xeitos de aproveitamento.  Neste proceso foise creando un valioso patrimonio cultural, material e inmaterial que protagonizaron o pobo e distintos persoeiros sobranceiros e anónimos.

O coñecemento do pasado, a recuperación da memoria e a posta en valor, exposición e difusión de canto propiciou o que hoxe somos e temos, tal vez sexa unha das máis inspiradoras, clarificadoras e necesarias perspectivas desde a que afrontar socioculturalmente un firme compromiso cos retos, posibilidades e aspiracións presentes e futuras de calquera sociedade civil. Todo este legado cultural resulta necesario divulgalo e conservalo para non esquencer o pasado e construir un novo futuro.

Ver lista