Espazos naturais

 

O medio natural da Mariña Lucense ten unha riqueza e variedade moi importante: costa con cantís, rias e esteiros, montañas, vales, ríos.... Ademais, contén infinidade de aspectos naturais, culturais e patrimoniais que fan deste territorio un espazo para aprender e conservar o noso patrimonio.

Por iso na Mariña Lucense están declarados 17 Espazos Naturais Protexidos en varias tipoloxías: ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA ( Zonas de Especial Protección para as aves), Monumento Natural, Humidal de importancia internacional RAMSAR e Reserva da Biosfera que cumpren a fundamental función de protexer os valores naturais de alta calidade que posuen.

    

Ver lista

Coñece os nosos Espazos naturais