Artesáns e artesás da Mariña Lucense

 

O saber facer dos nosos antepasados ​​reflíctese nos oficios tradicionais que aínda hoxe seguen vivos no territorio da Mariña. Este prezado patrimonio cultural, unido ao valor dos produtos únicos, elaborados e decorados a man, fan da artesanía unha magnífica forma de empaparse da cultura local e levar un pedaciño dela á casa.

A artesanía, estreitamente ligada á historia e natureza da Mariña Lucense, conforman no seu conxunto unha oferta única que fai deste destino un lugar excepcional para os visitantes que desexen viaxar a través dos oficios. Valores tan actuais como a reciclaxe, a reutilización de materiais ou a importancia de consumir produtos locais chegaron ata nós a través de saberes tradicionais como a cerámica, a carpintería, a cantería,  a xoiería, a serigrafía, a moda ou a restauración, entre outros.

Moitos dos talleres do territorio están ademais abertos ao público e neles non só se poden comprar os produtos elaborados polos seus artesáns, senón tamén coñecer os procesos de fabricación das pezas e mesmo experimentar con nosas propias mans a transformación da materia prima nun produto artesanal único e persoal.

 

* Imaxes: Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense e Fundación Artesanía de Galicia

Mapa Mariña LucenseVer mapa interactivo