Iglesia-capilla

Convento de San Francisco e Iglesia de Santiago

A parella formada polo convento e a igrexa, forman un singular conxunto patrimonial de gran valor. O convento está situado fóra das antigas murallas e foi fundado no século XIII, coa portada e claustro románicos e ábsida gótica. A igrexa de San Francisco do século XIV, ten estilo oxival e planta de cruz latina.

O convento e igrexa de San Francisco está situado no exterior do antigo recinto amurallado e adosado ao costado Norte da Igrexa de Santiago. Pertenceu aos franciscanos e foi fundado en 1219. O claustro de forma rectangular e de dous andares, aínda conserva dous fermosísimos arcos románicos do trazado primitivo, tamén poden verse as galerías do andar térreo con restos de pavimento de cantos e cuberta de artesoado con modillóns. Na actualidade as dependencias do claustro albergan varias estancias ocupadas por organismos públicos, así como tamén os locais das distintas confrarías de Semana Santa da cidade.

A igrexa do século XIV é de estilo oxival na súa ábsida, brazos do cruceiro e diferentes detalles da nave, con algún detalle románico.  Nas esquinas da fachada, vense uns sinxelos contrafortes e no lateral dereito está situada a torre-campanario, cuadrangular, levantada no século XVII.

No interior destacan as capelas de San Ildefonso, oxival (século XIV) e Venerable Orde Terceira (século XVIII), con interesantes retablos e imaxinería da Semana Santa Internacional. Curiosos resultan os sepulcros da Beata Constanza de Castro e de Nicomedes Pastor Díaz (1923), ilustre escritor e político viveirense.

A ábsida de estilo gótico (século XIV) está considerada como unha das máis esveltas de Galicia e foi restaurada no 1965.

Visitas

La iglesia puede verse todos los días de 11:30 a 13:30 y de 18:30 ás 20:00h. Los Claustros están abiertos todo el año y durante todo el día. El punto de información de la Semana Santa abre a partir de las 12 h.