Programa de outono de visitas e rutas guiadas pola Mariña Lucense 2023

 

O proxecto “A Mariña en Ruta”, promovido pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, invita a coñecer o territorio durante os meses de outubro e novembro a través dun programa de rutas guiadas a pé, visitas guiadas e visitas a obradoiros de artesanía local nos que a contorna natural, a historia, a etnografía e a artesanía dos diferentes concellos da Mariña Lucensa son os protagonistas.

Unha opción que se presenta como unha oportunidade para vivir unha experiencia da man de guías locais e experimentados no territorio. Descubriremos lugares que poden ser máis descoñecidos e recónditos, e manifestacións culturais, etnográficas e artesás, en diferentes actividades que van dende rutas de sendeirismo, pasando por visitas guiadas e realización de obradoiros con artesáns locais.

Nesta edición do outono 2023, que terá lugar durante os sábados, festivos e algún domingo dos meses de outubro e novembro, teremos opcións de camiñar por rutas de sendeirismo que nos levarán polos bosques e zonas costeiras de A Mariña; cooñeceremos artesanía local da man de mestres artesáns que nos mostrarán o traballo do barro, da pedra ou do ferro; e visitaremos cascos históricos descubrindo todos os seus segredos.

Consulta máis abaixo a oferta para este mes de outubro!

Este outono, adéntrate na Mariña Lucense a través do programa de experiencias “A Mariña en Ruta” e vive o Norte de Galicia.

Rutas e actividades de 2023

Ver lista

Mapa das diferentes rutas e actividades