Visita ornitolóxica a Ría de Foz

Sábado 19 de noviembre a las 09:00h
 

Descubrimos as aves máis icónicas da Ría de Foz, xa que nesta época do ano a ría acolle interesantes poboacións de aves acuáticas tanto migratorias como invernantes.

A visita comezouse cunha breve introdución comentando algúns aspectos da ría como figuras de protección ambiental, ecosistemas principais, algunhas características da ría que a fan interesante a nivel ornitolóxico e unha breve introdución sobre as aves que iamos ver. 


Comezamos a observar algunhas aves e o grupo enseguida mostrou gran interese por elas, realizando moitas preguntas interesantes a partir das cales puidemos continuar con algunhas explicacións e ir descubrindo xuntos algúns aspectos sobre a ría e as aves que se atopan nela. Disponiamos de unha guía ilustrada de aves e mentres uns gozaban das aves cos prismáticos ou o telescopio, outros consultaban as ilustracións das aves observadas na guía.

Outros temas dos que falaron durante a visita foron algunhas curiosidades sobre a migración das aves e o traballo que desenvolven os ornitólogos para estudalas, con algunhas historias e anécdotas polo medio.


Algunhas das aves máis rechamantes e que mellor puidemos ver foron: Silbón europeo, Negrón común, Garza real, Espátula común, Mazarico real, Correlimos común, Correlimos gordo, Chorlitejo grande, Aguilucho lagunero e un longo etc!


As condicións da marea foron idóneas e isto fixo que segundo avanzaba a visita, as aves cada vez fósense vendo máis e máis preto, finalizando cun numeroso grupo duns 250 correlimos comúns a poucos metros dos visitantes, o cal puxo a guinda ao pastel.