Ruta dos Fornos e Mina Consuelo, A Pontenova

Sábado 8 de outubro. 10:30h.
 

Con Tirolina dáas Minas. Ruta realizada. 

Ruta polo pasado mineiro da Pontenova, onde visitamos os famosos Fornos de Vilaodriz e o nivel cero da Mina Consuelo. 

Con esta ruta coñecemos o pasado mineiro da Pontenova, ruta encadrada dentro dunha máis longa, o “Ruta das Minas”. Debe o seu nome a que o seu percorrido enlaza os dous grupos de fornos de calcinación de ferro dos que dispoñía a “Sociedade Mineira Villaodrid” para eliminar o fósforo contido nos carbonatos de ferro extraídos das minas das que era concesionaria.

Ademais de coñecer os incribles fornos, nesta visita accedemos ao nivel cero da Mina Consuelo onde nos adentramos no mundo da espeleoloxía.

Esta ruta estivo a cargo de Tirolina das Minas,  un parque de aventuras da Pontenova, un espazo recreativo das Minas Consuelo e Boulloso. Son expertos na realización de actividades na natureza dando a coñecer o pasado mineiro da Pontenova.