O Vicedo, porto das xentes do Norte

Sábado 15 de outubro. 10:00h.
 

Con Boris Vilar. Ruta realizada. Nesta ruta en O Vicedo visitamos lugares incríbles nun recorrido no que chama a atención o variado paisaxe litoral. No camiño gozamos de enclaves únicos que contan cuhna intrigante historia que trascurre durante a Idade Media. 

Esta ruta costeira recorre a parte central do litoral de O Vicedo (dun elevado valor paisaxístico), a distancia completa da ruta e de algo máis de 10 km. partindo dende o nivel do mar (Praia de Area Grande) alcanzando unha altura máxima de 140 m. antes de chegar ao Miradoiro de Tixoso (90 m. de elevación) rodeando a continuación a ladeira noroeste de punta Cameiro, chegando ao Miradoiro das Laxes, o punto máis cercano na terra para ver Illa Coelleira. Regresase pola mesma vía ao punto de inicio.
A ruta transcorre por pistas e camiños con escaso desnivel e  recomendase o uso de calzado impermeable.
Para completar a experiencia, aconsellamos o uso de prismáticos para poder ver mellor Illa Coelleira, xa que ademais é un espazo natural de relevancia para os aficionados ao "birding".