Proceso selectivo Técnico/a Turismo PST na Mariña Lucense 2022 - 2024

 

Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022 - 2024, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, convócase o proceso selectivo para a contratación de 1 Técnico/a de Turismo como persoal laboral fixo-indefinido na Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección poden encontrar toda a información, así como a documentación a presentar, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica da Mancomunidade ou directamente dende o seguinte link: Proceso selectivo Técnico/a Turismo PST na Mariña Lucense 2022 - 2024

O prazo para a presentación de solicitudes (15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP) finaliza o día 13 de xuño (inclusive).