IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense

 

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que nesta edición desenvolveranse as fins de semana do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.

Para dar a coñecer este proxecto organízanse da man dos artesáns da comarca que conforman  as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense unhas xornadas con visitas a un ou dous obradoiros e actividades complementarias totalmente gratuítas para os participantes.

Pincha no seguinte enlace e coñece todos los detalles deste proxecto e das IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía.