Información para o sector turístico: axudas COVID-19 e formación
Información sobre axudas debido ao COVID-19, cursos de formación e webinars actualmente vixentes
Neste artigo, dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, recóllense as axudas actualmente vixentes con motivo da actual situación derivada da Covid19 ás que o sector turístico do xeodestino pode acollerse. Actualízase a información sobre o 2º Plan de rescate da Xunta coas axudas para o sector da hostalería e outras actividades pechadas dende o pasado mes de xaneiro: Programa I e II, ademais das axudas para o mantemento dos establecementos das axencias de viaxes. Así mesmo, recompílanse recursos gratuitos online para a formación continua do sector.
En canto ás axudas actualmente vixentes:
II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 18/03/2021
- Ficha resumo: abrir nunha nova pestana
II Plan de rescate para as microempresas afectadas pola crise da COVID-19
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 18/03/2021
- Ficha resumo: abrir nunha nova pestana
Subvencións ás axencias de viaxes
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso a la tramitación: abrir en una nueva pestaña
- Data límite: 22/03/2021
Programa I, de apoio ao sector da hostalería
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 23/03/2021
- Ficha resumo: abrir nunha nova pestana
Programa II, outras actividades cerradas
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 23/03/2021
- Ficha resumo: abrir nunha nova pestana
Subvencións para o mantemento das axencias de viaxes
- Enlace ao DOG: abrir en una nueva pestaña
- Acceso á tramitación: abrir en una nueva pestaña
- Data límite: 24/03/2021
Para resolver dúbidas sobre o 2º Plan de rescate estructurado en dúas líneas de axuda: a primeira, para personas traballadoras autónomas e microempresas e a segunda, con axudas para o sector da hostalería e outras actividades pechadas dende o pasado mes de xaneiro, existe a liña de teléfono 900 815 600 e o correo electrónico hola@gohu.es; ademais da aplicación móbil Gohu dispoñible para iOS e Android. Tamén pode obtenerse toda a información por medio da web da Consellería de Emprego e Igualdade.
Ademais, na actualidade tamén se encontran vixentes as seguintes axudas:
Subvencións para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalería e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 01/03/2021
Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos.
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 04/03/2021
Subvencións a entidades organizadoras de eventos relativos ao turismo de reunións en Galicia.
- Enlace ao DOG: abrir nunha nova pestana
- Acceso á tramitación: abrir nunha nova pestana
- Data límite: 17/03/2021
- Ficha resumo do Clúster de Turismo de Galicia
En relación á formación online de interese para o sector turístico:
Na actualidade, está en marcha a XVIII Edición do Programa Formativo Anfitriones online da Secretaría de Estado de Turismo. Programa que dita secretaría inicia co obxectivo de mellorar a calidade de España coma destino turístico a través de distintas liñas de formación orientadas a profesionais de todos os subsectores implicados no turismo, dende aloxamentos, hostalería e outros sectores coma axencias de viaxes, transporte turístico, guías de turismo, comercios, portos deportivos, empresas de turismo activo-deportivo, taxis, etc así coma os profesionais de servizos públicos turísticos: oficinas de turismo, museos e centros de interpretación, policía local, servizos de limpeza, etc.
Podes acceder á información completa sobre a XVIII Edición do Programa Formativo Anfitriones online da Secretaría de Estado de Turismo pinchando neste enlace. O período de inscrición xa está aberto!
Ademais, dende o canal de Youtube do Centro Superior de Hostelería de Galicia podes acceder a algúns dos webinars e mesas de debate que a Axencia de Turismo de Galicia organizou a través deste centro de formación dende o comezo da pandemia. Podes acceder a eles pinchando no seguinte enlace.