Curso en marketing e comercialización online

 

“Comunicación dixital, marketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19”.

A raíz da crise provocada polo Covid 19, da forte necesidade de adaptarse ao mundo dixital e de ser un destino competitivo, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e das accións propostas para a reactivación do sector, considerou acertado organizar un curso de formación en marketing e comercialización online: “Comunicación dixital, marketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19”.

A primeira edición deste curso tivo lugar o 16, 17 e 18 de novembro en Foz.  Sendo posible, debido ás medidas hixiénico-sanitarias debido ao Covid19, soamente un aforo de 16 persoas. Coa finalidade de poder dar resposta ao resto de persoas pre-inscritas no mes de xuño e a outros profesionais interesados do sector turístico da Mariña, decidiuse organizar unha segunda edición en Xove, nesta ocasión tamén a cargo do convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo, os días 14,15 e 16 de decembro.

Co obxectivo de mellorar a visibilidade e o posicionamento do xeodestino, dos concellos e das empresas turísticas, o curso está destinado ao persoal técnico dos concellos (turismo, cultura e/ou deportes) e ás pequenas e medianas empresas do sector turístico (aloxamento, restauración, empresas de actividades, guías de turismo, etc.). Despois do curso, os asistentes contarán cun acompañamento estratéxico durante 3 meses co que poder poñer en práctica o aprendido e así aplicar ditos coñecementos aos seus proxectos, coa axuda dunha persoa experta na materia.

Descrición da formación: obxectivos, enfoque, programa, acompañamento, duración, quen o imparte, etc

1. OBXECTIVOS

A través desta formación en marketing e comercialización online para o sector turístico, sexas unha empresa ou sexas técnico dun destino, abordarase como o marketing online aplicado a este sector pode contribuír enormemente á consolidación dunha imaxe de marca e á promoción dunha empresa e destino. Capacitarase ao alumno para ter unha imaxe global das principias ferramentas de marketing e comercialización online, do seu uso e de como poden axudar a dar a coñecer ou mellorar a imaxe de marca dun proxecto. Traballarase nalgunhas destas ferramentas para ver utilidades prácticas e asemade ensinaráselle aos alumnos a utilizar ferramentas de redes sociais, posicionamento web, campañas de ads en redes sociais e Google adwords, campañas de email marketing, ferramentas específicas de turismo como tripadvisor, wikiloc, etc., así como plataformas de comercialización. Tamén analítica de datos, para sacar rendemento deles e aproveitar mellor o traballo en marketing online.

2. ENFOQUE

Este curso abordarase dende unha perspectiva eminentemente práctica, configurando grupos de traballo entre os participantes, para traballar sobre casos prácticos da propia Mariña Lucense facendo uso das ferramentas que se explican e sendo capaces de elaborar, ao longo das tres xornadas do curso, un boceto dun plan de marketing e de accións de cada caso práctico, con definición de produto turístico, destinatarios, plataformas de difusión comunicativa, comercialización, análise de resultados, etc. 

3. PROGRAMA

Bloque 1 –Plan de marketing turístico

  • Planificación en marketing online e comunicación turística de destinos.
  • Aproximación ao marketing online turístico e marketing de destinos.
  • Novas tendencias de turismo en 2020 (Covid19).
  • Como debería de ser a comunicación dun destino e da empresa despois da crise sanitaria do Covid 19.
  • Análise do novo tipo de turista e segmentación de públicos.
  • Deseño dun plan de marketing e comunicación.
  • Como mellorar a experiencia do usuario.

Bloque 2 – Xestión da comunicación e publicidade en redes sociais

  • Planificación e xestión de contidos en redes sociais. A importancia da estratexia.
  • Ferramentas de campañas publicitarias en redes sociais (business manager).
  • Como sacar proveito de plataformas de Google (Places, My Business, Maps), así como TripAdvisor ou Wikiloc.
  • Como analizar resultados e utilizalos ao noso favor.

Bloque 3 – Comercialización online de produtos turísticos

  • Como vender o noso produto/servizo turístico a través das principias ferramentas de comercialización online e non morrer no intento.

Bloque 4 – Intelixencia de datos en marketing turístico

  • SEO – Search Engine Optimization. Posicionamento en buscadores (Google)
  • Ferramentas de marketing online: SEM - Google Adwords.
  • Analítica da web, das ferramentas utilizadas e das redes sociais.
  • Email marketing. Uso da ferramenta Mailchimp.

4. ACOMPAÑAMENTO

Unha vez rematado o curso, o alumno será quen de aplicar todo o aprendido na súa propia empresa ou destino turístico. Fixarase un plan a levar a cabo para cada un dos participantes e cada mes (durante 3 meses) contarán cunha xornada de asesoramento para valorar o feito ata o momento e trazar novas accións para o mes seguinte.

O acompañamento estratéxico configurase como un apoio que todos os participantes poden ter para dar seguimento ao aprendido durante o curso, e así aplicar ditos coñecementos aos seus proxectos. Unha vez ao mes, sexa online ou sexa presencial, os participantes terán unha reunión coa formadora para analizar e avaliar as accións empredidas durante dito mes, e marcarse obxectivos para o seguinte.

5. DÍAS, HORARIO, UBICACIÓN E QUEN O IMPARTE

Días: 14, 15 e 16 de decembro.

Horario: De 16:30h a 21:30h. 15h. 3 xornadas de 5 horas de duración cada unha.

Ubicación: Concello de Xove – Salón de Actos do Centro Cívico. Mais info aquí.

Quen o imparte: Cristina Collazo Piña. Especialista en Marketing online e comunicación para o sector turístico e cultural, con máis de 15 anos de experiencia en marketing e comunicación turística e directora dunha empresa de turismo activo de Galicia.

Acompañamento: 3 xornadas de acompañamento estratéxico.

6. PREZO DO CURSO

De balde. Subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación de Lugo.

7. PRAZAS

Aforo limitado a 20 persoas.

Necesaria inscripción en turismo@amarinalucense.gal ata o xoves día 3 de decembro, indicando nome e apelidos, nº de teléfono, cargo e empresa do sector turístico ou departamento do concello pertencente ao xeodestino.               

SERÁ OBRIGATORIO O USO DE MÁSCARA DURANTE TODO O CURSO