Mes da Maxia

 
WEB

O Mes da Maxia é un evento que se celebra en diferentes establementos hosteleiros de A Mariña Lucense durante o outono.

Este plan combina maxia de preto e gastronomía local, de proximidade e de tempada. A través desta iniciativa divertida e diferente, poderás saborear os produtos típicos do noso destino á vez que disfrutas dun entretido espectáculo de maxia.

Durante as fins de semana, diferentes restaurantes, hoteis ou casas rurais ofertas os seús menús máxicos ós comensais á vez que desfrutan dun apaixoante espectáculo, entre prato e prato, da man de magos profesionais.

Esta iniciativa, que o ano pasado celebrou a súa oitava edición, pretende ser un plan completo, atractivo e agradable que achegue a gastronomía local de tempada, a través da maxia, a todo tipo de público.

 

Próxima edición

Na actualidade, estamos a traballar nunha nova edición do Mes da Maxia. Pode serguir as nosas redes sociais para estar ó tanto de tódalas novidades: @mesdamaxia