A Berrea, camiñando en terra de cervos
Unha ruta polos montes da Fraga Vella, entre Mondoñedo e Alfoz, onde o pasado domingo día 3 de outubro nos empapamos da maxia do outono nunha contorna natural única.
A ruta deu comezo na Casa do Concello de Alfoz e continuou ata a Ponte da Fraga Vella, entre Mondoñedo e Alfoz, para empaparnos dunha contorna natural singular. Da man de Pedro Rolle coñecimos este apaixoante territorio por pistas asfaltadas e de terra moi fáciles de camiñar, sen obstáculos e polo xeral, sen zonas húmidas.
Ao longo deste percorrido cruzamos zonas con natureza diversa e que regalaron marabillosas vistas dos vales fluviais e das curiosidades xeolóxicas destas serras.
No outono, os cervos da Fraga comezan a Berrea, que marca o inicio da época de celo desta especie, enchendo de bramidos os bosques. Bordeamos a finca na que se encontraban aínda que non chegamos a velos ata o final da ruta.
Para rematar esta ruta, chegamos á Fraga das Vigas, situada xunto a unha antiga explotación mineira e que pon a guinda coas súas espectaculares vistas nesta época do ano.