-
Praia das Catedrais
As poderosas augas do Cantábrico labraron, ao paso dos séculos, o que hoxe se antolla como capricho da natureza. Con formas imposibles, as rocas da Praia das Catedrais sorprenden porque se asemellan máis a un decorado, minuciosamente trazado, que a unha sucesión de grutas, pasadizos e arcos, converténdose nunha das praias máis bonitas do mundo.
-
Vive unha experiencia auténtica coñecendo A Mariña Lucense a través
dos seus artesáns. A cultura, a natureza, a gastronomía e o estilo de
vida son os complementos ideais dos 10 obradoiros de artesanía
abertos ao público. Nesta proposta presentámosche ata 6 itinerarios
diferentes para gozar, ao teu propio ritmo, deste excepcional destino.
-
Escolle un restaurante da Mariña Lucense participante. Elixes o teu “menú máxico” e, mentres esperas, un dos mellores magos galegos fai maxia para ti! Durante eses minutos de espera, o mago, como obsequio da casa, asombra, divirte e entretén aos comensais con algúns efectos imposibles de maxia de preto.
-
Praias desertas, montaña, cantís e horizontes infinitos... Experimenta o Norte do Norte, un lugar máxico onde se funden o Atlántico e o Cantábrico, onde descubrir os recunchos secretos do norte de Galicia e sentir a calma dun espazo onde parece deterse o tempo...
-
Camiño Norte
Por este camiño pasaban devotos de todo o norte da Península e tamén, por terra e por mar, doutros territorios como Inglaterra, Flandres, Alemaña ou Escandinavia. En 2015, o Camiño Norte foi recoñecido pola UNESCO, xunto co Camiño Primitivo, como Patrimonio da Humanidade, o máximo recoñecemento que pode recibir un ben cultural.